Marcenaro

Versione stampabilePDF version

Sennor, per vós sõo maravillado,
porque vos pesa de vos ben querer,
e a Deus devo muit' a gradecer
porque mi á esto, sennor, achegado
que vos vejo, por vos preguntar én,                          5
e por vos ar dizer log' outra ren:
ca vos non quero ben pelo meu grado.
 
Mais, mia sennor, fui desaventurado,
u me vus Deus fez primeiro veer,
que me non fez log' i morte prender,                         10
ca por aquesto fora eu guardado;
ou por perder, sennor, enton o sén,
ca non temera vos despois nen quen
ei a temer por vós, mao pecado.
 
E, mia sennor, por Deus que máis loado                   15
fez vosso prez pelo mundo seer,
e vos das outras donas máis valer,
pois eu, cativo, desaconsellado,
sen o meu grado vos quero gran ben;
dizedeme porque vos pesa én                                   20
quand' eu, sennor, que mal dia fui nado,
 
non atendo de vós, porque me ven
muito de mal, mentr' eu viver, por én,
se non deseg' e afan e coidado.